A Revolteira nace como alternativa colectiva e comunitaria a un sistema capitalista, colonial e heteropatriarcal que exclúe as maiorías e avanza cara ao colapso social e ambiental dos nosos barrios, da nosa cidade, do noso país e do noso planeta.
O seu xerme remóntase a finais de 2021 e parte da necesidade compartida de atopar novos lugares que sirvan para encontrármonos e reactivar loitas e iniciativas comunitarias na Coruña e a súa contorna. Xa desde a súa concepción, o proxecto buscou ensanchar o ámbito cultural e comunitario explorando tamén a vía económica, a través do cooperativismo, como un eixo máis de transformación social. Quixemos facelo, ademais, desde o cercano, desde o barrio, o punto de partida onde xerar espazos abertos de encontro entre veciñas, compañeiras e activistas, baixo a lóxica da cooperación, o apoio mutuo e a plena autonomía.
Para iso, na Revolteira conformámonos como un colectivo de base asamblearia e arredor do noso local social, na rúa Falperra, 13. Alí queremos crear un espazo funcional coas loitas e os cambios cos que estamos comprometidas, pero tamén un lugar onde sentírmonos acompañadas e felices. E tamén para bailar e gozar cando se precise.
Queremos converternos en espazo seguro para pensar, traballar e construír, para así ir artellando unha contorna habitable na que cuestionármornos e medrar de forma individual e colectiva. Queremos facelo, ademais, desde unha perspectiva interseccional que recolla as aprendizaxes e ferramentas dos feminismos, das loitas antirracistas, do movemento lgbtqi+, da loita de clases, dos ecoloxismos, dos movementos anticapacitistas, dos activismos trans, dos movementos autónomos de base e de toda unha xenealoxía de resistencias que determinan e nutren o noso xeito de facer.
Aspiramos a ser un espazo onde poder imaxinar futuros posibles e alternativos ás narrativas reaccionarias que nos paralizan e desactivan, albiscalos e camiñar cara a eles.